martes, 28 de agosto de 2007

Sustos administrativos

O tema des axudas é algo complexo. Non termino de acostumarme a burocracia.

As veces o exceso de información confunde tanto como a ausencia da mesma. Ata tres destinos posibles para a entrega da documentación: Rexistro da Xunta, Axencia Audiovisual Galega, Correo certificado á Consellería de Cultura... de tolos.

O final optei por enviar un correo certificado a Axencia Audiovisual. Case acerto, porque uns días despois saiu unha información dicindo que todo o que vai dentro do sobre ten que ir selado... Eu de sempre fun de por os selos por fora.

Gracias a Deus, os da Axencia son xente moi amable e disposta a resolver estas dúbidas, aínda que me quedo con a mosca detrás da orella. Xa sei que non é bo que o cine dependa das subvencións, pero estamos comezando ¿non?.

Sexa como sexa esto vai sair adiante, garantoo.

No hay comentarios: