-Coller o trozo de porexpan e lixalo.
-Facer distintos desgastados cun soldador destes que se usan para o estaño. Derrítese coma a manteiga.
-Pintar coa técnica de claroscuro. En primer lugar boto un gris máis oscuro a todo o porexpan. Cando este seca, collo un pincel de gris claro, restrégoo contra outro trozo solto de porexpan e utilizo o resto de pintura para dar toques de cor ás crestas máis saintes da peza.
-Dou algúns remates con branco.

Bueno, éste é o resultado...da bastante o pego inda que quizáis é moi tipo rocha, ou moi oscuro. De todas formas, suponse que a auga chega a cubrir boa parte das lápidas e estas cousas. Teño que pobar con misturas máis claras ou con outras técnicas. Tamén boteille iogur con auga que según algúns, fai que colla barolo en pouco tempo; xa veremos ó longo desta semana.
Hala, acéptanse críticas, opinións e consellos.
Rubén
1 comentario:
Moi currado si señor. Como xa te comentei podes probar a facer un veteado con pintura negra e unha pluma natural de paloma ou gaviota.
Se queres teño un amigo que as caza para comelas jaja (gracioso pero certo)
Publicar un comentario